HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra avanza cara os 6 millóns de quilos nesta...

A D.O. Ribeira Sacra avanza cara os 6 millóns de quilos nesta campaña ao levar recollidos 2,5

A boa climatoloxía durante a vendima favore o estado da uva e axuda a fixar o grao de acidez. As espectativas seguen estando en recoller ao redor dos 6 millóns de quilos de uva.

Publicado o

- Advertisement -

Este ano a colleita viuse levemente afectada polo mildiu e a pedra. O pedrazo do mes de agosto ocasionou perdas nalgunhas adegas da subzona de Amandi, principalmente. Pola contra, o bo tempo nestes días de vendima, soleado con noites frías, favorece o bo estado sanitario da uva e fixa a súa acidez.

Nesta campaña elaboran viño ao amparo da Denominación de Orixe 95 adegas; 63 adegas están realizando labores de vendima e 19 adegas xa finalizaron a recollida da uva.

Despois dunha fin de semana de intensa actividade nos viñedos, os datos oficiais de recollida de uva a data 1 de outubro 2018 son:

Variedades tintas:

  • Mencía:  1.952.944 kgs
  • Brancellao:  3.247 kgs
  • Merenzao:  36.376 kgs
  • Caiño:  7.304 kgs
  • Garnacha:  87.791 kgs
  • Mouratón:  316 kgs
  • Sousón: 32.479 kgs
  • Tempranillo:  18.649 kgs

Variedades brancas:

  • Albariño:  70.553 kgs
  • Dona Branca:  2.910 kgs
  • Godello:  227.026 kgs
  • Loureira:  1.177 kgs
  • Torrontés:  2.283 kgs
  • Treixadura:  24.650 kgs

TOTAL DE KGS RECOLLIDOS:  2.467.705

A vendima que desafía á vértixe

A vendima na D.O. Ribeira Sacra é un espectáculo de loita contra a vértixe e cada ano chama a atención de máis persoas interesadas. Nestes días, un grupo da Axencia EFE estivo realizando unha reportaxe dirixida ao público anglosaxón e a través do IGAPE, coa iniciativa, “International Galician Wine Week 2018”, un grupo de xornalistas de diferentes países visitou a D.O. para coñecer de primeira man a viticultura, os viñedos, os viños e como é o traballo durante a vendima.

 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...