HomeEconomíaA vendima na Ribeira Sacra entra na recta final

A vendima na Ribeira Sacra entra na recta final

Esta primeira fin de semana de outubro, foi a última fin de semana de intensa actividade na Denominación de Orixe. Con data 7 de outubro lévanse recollido 4.973.615 quilos e case a metade das adegas xa remataron os traballos.

Publicado o

- Advertisement -

A vendima na D.O. Ribeira Sacra segue segundo o previsto e despois desta fin de semana xa se achega aos 5 millóns de quilos recollidos, sendo a variedade Mencía, a estrela, con 4 millóns 148 mil quilos. O resto de variedade arroxan as seguintes cifras.

Variedades tintas:

  • Mencía:  4.148.173 kgs
  • Brancellao:  20.091 kgs
  • Merenzao:  48.957 kgs
  • Caiño:  28.489 kgs
  • Garnacha:  229.080 kgs
  • Mouratón:  4.262 kgs
  • Sousón: 60.498 kgs
  • Tempranillo:  47.072 kgs

Variedades blancas:

  • Albariño:  72.732 kgs
  • Dona Branca:  3.592 kgs
  • Godello:  274.667 kgs
  • Loureira:  1.257 kgs
  • Torrontés:  2.735 kgs
  • Treixadura:  32.010 kgs

TOTAL DE KGS RECOGIDOS:  4.973.615

Das 95 adegas que elaborarán viño ao amparo da D.O. nesta campaña, 48 xa remataron os traballos de recollida.

A chuvia caída o sábado non supuxo problema, pero que chova en plena campaña non é o máis convinte. Ata finais desta semana, as previsións climatolóxicas son boas e espérase que nestes días entre a maior parte da uva que resta para chegar á previsión do 6 millóns de quilos. Durante toda a campaña a climatoloxía foi excepcional e está entrando nas adegas uva de moi boa calidade e cun estado sanitario excelente.

ÚLTIMAS

Hospitalizada unha menor tras caer na piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...

Por Chantada esixe actuación municipal fronte aos proxectos de baterías Belesar I e II

Por Chantada – Interior Galego Vivo defenderá no Pleno ordinario do próximo 28 de...