HomeMedio ambiente e PatrimonioLocalizan unha vertedura de xurro no río Asma ao seu paso polo...

Localizan unha vertedura de xurro no río Asma ao seu paso polo Concello de Carballedo

A extensión da mancha fixo necesarias a toma de medidas preventivas e de control.

Publicado o

- Advertisement -

Unha vertedura de xurro no río Asma, ao seu paso polo municipio lucense de Carballedo, obrigou ás autoridades a activar os mecanismos de protección necesarios para evitar que afecte a subministración de auga.

Segundo confirmou o 112, a vertedura non alcanzou a zona que o municipio veciño de Chantada emprega para a subministración de auga, pero a extensión da mancha fixo necesarias a toma de medidas preventivas e de control.

Tras a chamada dun particular, que deu aviso desta vertedura sobre as 18,30 horas do luns, o 112 informou os feitos ao Concello de Carballedo, onde se orixinou a vertedura, e ao de Chantada, para que adoptasen as medidas de prevención e realizasen as comprobacións necesarias para garantir a correcta subministración de auga á poboación.

Ante esta situación, tamén se mobilizou aos axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica, así como ás autoridades ambientais da Xunta e ao persoal da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballedo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...