Para coñecer un pouco máis desta inciativa que chega á cidade do Cabe, falamos co director da revista, José Méndez.
Cando se creou A Irmandade Cultural País do Faro, colectivo que organiza e edita a revista e por que?
Creouse fai 3 anos, e o primeiro número viñase traballando xa desde 3 anos antes. Créase por unha inquedanza común, un grupo de persoas cos mesmos intereses e o obxectivo de dar coñecer o patrimonio material e inmaterial de concellos que tiveron e teñen unha vinculación común cunha forma de vida asociada ao río Miño.
¿Que recolle a revista que se presentou esta fin de semana?
A revista está formada por catro apartados: estudos, ferramentas, creatividade e recensión de libros. Dentro dos estudos hai 7 traballos de investigación.
Quen fai os artigos, como se escolle a temática, se alguén quere colaborar que ten que facer?
En reunión dos distintos membros que forman o consello de redación decídense os temas dos que van tratar nese tomo e búscanse persoas especialistas neses temas. Pode colaborar calquera persoa que o desexe sempre que se traten temas de investigación ou científicos. Terían que poñerse en contacto coa redación ou coa asociación Irmandade Cultural País do Faro.
Alicerces contén estudos e artigos de investigación relativos a Concellos da Ribeira Sacra bañados polo río Miño. Por que se presenta este terceiro tomo en Monforte?
Formamos parte, todos, dun territorio maior que é a Ribeira Sacra. O que pasa e o que son os concellos da contorna aféctanos a todos. Sabemos que o contido e a proposta en xeral ten interese en Monforte e comarca.
¿Qué tirada ten a publicación e como se financia? É unha publicación anual. Para a edición contamos coa colaboración da Deputación Provincial e do Concello de Chantada e coas ventas dos anos anteriores.
¿Cómo se distribue? A través da Asociación Irmandade Cultural País do Faro e na libraría Central de Chantada. Cada tomo ten un custo de 10€.
