HomesociedadeMelloran os datos do paro na zona sur e CCOO confía en...

Melloran os datos do paro na zona sur e CCOO confía en baixar dos 2.000 parados en xullo

CCOO asegura que "grazas á reforma laboral, a zona - Sur baixará da cifra fatídica dos 2000 parados o próximo mes xa que o mes actual quedou en 2030. Desde a Secretaria de Acción Sindical. Estamos a solicitar información con traballadores dos sectores máis precarizados (comercio-hostalería-sector agrogandeiro) e máis dun 80% transmitíronnos a súa satisfacción pola súa melloría Socio Laboral".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaria de Acción Sindical de CCOO Lugo aplaude os bos datos do paro do mes de xuño, xa que diminuíu en 19 persoas. Tendo os mellores datos o concello de Quiroga con (-12) e Monforte de Lemos con (-10). Na parte negativa Chantada con (+12). O sindicato valora os bos datos da comarca Sarria ao descender en todos os concellos menos en Samos e O Páramo.

Datos do paro no mes de xuño na comarca Lemos 1293 (-12):

  • Bóveda, 41 (+2)
  • Monforte de Lemos, 913 (-10)
  • Pantón, 87 (-2)
  • A Pobra do Brollón, 53 (-4)
  • O Saviñao, 129 (+7)
  • Sober, 70 (-5)

Datos do paro no mes de xuño na comarca de Quiroga 214 (-15):

  • Folgoso do Courel, 37 (-4)
  • Quiroga, 141 (-12)
  • Ribas de Sil, 36 (+1)

Datos do paro no mes de xuño na comarca de Chantada 523 (+8):

  • Carballedo, 59 (-2)
  • Chantada, 376 (+12)
  • Taboada, 88 (-2)

Datos do paro no mes de xuño na comarca de Sarria 807 (-8):

  • O Incio, 37 (=)
  • Láncara, 86 (-3)
  • Paradela, 19 (-1)
  • O Páramo, 32 (+2)
  • Samos, 31 (+2)
  • Sarria, 590 (-6)
  • Triacastela, 12 (-2)

A Secretaria de Acción Sindical destaca o gran dinamismo da comarca de Sarria ao ter uns sectores produtivos moi diversificados, “destacando o sector agrogandeiro, o comercio, a hostalería, así como empresas relevantes (Inelcon, a cementeira de Oural e a importante empresa mineira de Magnesitas (no Incio). Sendo o Comercio, o sector cos peores salarios”

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...