HomeEconomíaO programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

A convocatoria do programa Emega de emprendemento feminino correspondente a 2025 axudou a impulsar con 94.000 euros, 9 negocios liderados por mulleres na zona sur da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos establecementos beneficiarios, a óptica Bel Optometría e o bar Cristal. Ambos se acolleron á liña Emerxe, destinada a apoiar novas propostas empresariais e á creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

En canto á distribución por concellos, os incentivos chegaron o ano pasado a Monforte e Chantada, con tres emprendedoras respectivamente; así como a Pantón, A Pobra do Brollón e O Saviñao – unha por concello -.

A maioría solicitaron a liña Emerxe, con sete beneficiarias. As outras dúas corresponden á modalidade Impulsa, para favorecer a consolidación ou a reactivación de negocios e a implantación de medidas de mellora da competitividade.

En total creáronse nove postos de traballo co apoio deste programa, sete deles por conta propia e dous contratos. Cómpre resaltar que catro delas eran persoas desempregadas de longa duración. Ademais, a medida axudou ao mantemento de dous postos de traballo.

En canto aos sectores, os negocios da zona beneficiarios adícanse á hostalería, pastelaría, salón de peiteado, clases de ioga, óptica, venda de produtos para mascotas ou comercio de xoguetes, entre outros.

A Xunta convoca cada ano o programa Emega para impulsar o liderado feminino no eido laboral. Inclúe catro modalidades de axudas: Emerxe, para incentivar as iniciativas empresariais constituídas por mulleres; Impulsa, para a consolidación ou reactivación de negocios; Innova, para desenvolver iniciativas con contido científico ou base tecnolóxica; e Concilia, para favorecer a conciliación profesional.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...