HomeEconomíaO paro aumentou en novembro en todas as comarcas do sur e...

O paro aumentou en novembro en todas as comarcas do sur e descendeu nas cabeceiras

Desde a Secretaría de Acción Sindical consideran que o mes de novembro sempre é un mal mes como consecuencia da finalizacion de moitos contratos tanto do sector comercio como a hostalería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO Lugo valora moderadamente o descenso do paro nos concellos cabeceira de comarca, mentres que aumentou o paro en todas as comarcas.

Na comarca de Lemos os parados contabilizados en novembro foron 1.331 (+16), mentres que en Monforte de Lemos suman 951 (-9).

  • Monforte de Lemos, 951 (-9)
  • Bóveda, 33 (-2)
  • Pantón, 84 (+5)
  • Sober, 76 (+4)
  • O Saviñao, 124 (+10)
  • A Pobra do Brollón, 63 (+8)

Na comarca de Quiroga o paro aumentou en 8 persoas e suman 227. Pola súa banda no concello de Quiroga son 141 parados/as, diminuíndo en 3.

  • Quiroga, 141 (-3)
  • Folgoso do Courel, 43 (+7)
  • Ribas de Sil, 43 (+4)

Na comarca de Chantada incrementouse o número de parados/as en 12 persoas ata chegar a 497. Mentres que no concello de Chantada son 355, manténdose igual que o mes anterior.

  • Chantada, 355 (=)
  • Carballedo, 58 (+10)
  • Taboada, 84 (+2)

CCOO ve na comarca Sarria os peores datos de Lugo Centro Sur xa que aumentou un 57% do conxunto das Comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada. A comarca de Sarria conta así con 769 persoas paradas (+48), mentres no concello aumentaron en 12 persoas ata situarse en 550.

  • Sarria, 550 (+12)
  • O Incio, 50 (+9)
  • Láncara, 77 (-2)
  • Paradela, 19 (+3)
  • O Páramo, 31 (+16)
  • Samos, 24 (+4)
  • Triacastela, 18 (+6)

Desde o Sindicato instan á Inspeccion de traballo “en casos flagrantes de traballadoras embarazadas a que investiguen os feitos que tamén se dan todos os meses no Sector Agrario, cobrando menos do SMI”.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...