HomesociedadeConsumo eficiente para reducir a factura enerxética

Consumo eficiente para reducir a factura enerxética

A Escola de Enerxía da Fundación Naturgy chega a Carballedo para ofrecer unha sesión formativa na que se explican consellos para un consumo enerxético máis eficiente a persoas en situación de vulnerabilidade.

Publicado o

- Advertisement -

A Fundación Naturgy leva celebradas 8 xornadas formativas en diferentes poboacións da provincia de Lugo e chega o vindeiro 3 de xuño ao Concello de Carballedo.

Nas sesións da Escola de Enerxía desta fundación trabállanse temas relacionados coa eficiencia enerxética ou a optimización de facturas. Identifícanse aquelas persoas que poden ter acceso ao bono social e axúdaselles tamén a solicitalo. “O que buscamos é empoderar ás persoas máis vulnerables para que podan minimizar o impacto do custe enerxético aplicando medidas e consellos explicados nos talleres formativos”, afirma Ester Sevilla, directora da área de Proxectos Sociais e Internacional da Fundación Naturgy.

Dende a súa posta en marcha en xuño de 2017, a Escola de Enerxía formou xa a máis de 14.600 persoas, entre familias en situación de vulnerabilidade enerxética e técnicos do Terceiro Sector e da administración de toda España.

Este Plan de Vulnerabilidade Enerxética é o primeiro que desenvolve unha empresa enerxética española e naceu no ano 2017. Contempla máis de 20 medidas, tanto operativas como sociais, que teñen como obxectivo reforzar e sistematizar a xestión dos clientes con problemas económicos de acceso á enerxía e fortaleces a colaboración coas entidades do sector enerxético e a comunicación cos Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

5.600.000€ para a mellora do saneamento no Polígono do Reboredo

Esta modificación do acordo conta con todos os informes favorables e suporá “unha mellora...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de...

160 xogadores no I Campionato de Europa IPPA de Pitch&Putt que se celebrará en Monforte en xullo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co presidente do Club de Golf...

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...