HomesociedadePantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50...

Pantón celebra este 21 de febreiro o Desfile de Entroido con 50 comparsas e disfraces inscritos

O Desfile comezará ás 16:00h na contorna do CEIP Monte Baliño para rematar na Praza do Concello coa entrega de premios, chocolatada e baile

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón celebra este sábado, 21 de febreiro, o seu desfile de comparsas e disfraces. Son 50 os inscritos entre comparsas e disfraces individuais polo que se espera superar a participación de anos anteriores que sempre foi moi elevada. Este ano o Desfile encabezarano os traxes tradicionais do Entroido de Budián.

A Casa da Cultura de Pantón acolle desde este 20 de febreiro ata o 23 de marzo, a exposición Nós tamén fomos emigrantes. A mostra ofrece retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor. Pode visitarse de luns a venres en horario de 10:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h. Cando se visite a mostra pódense deixar doazóns de alimentos non perecedoiros.

O Concello de Pantón tamén propón unha nova cita do programa “Por que nos xuntamos os homes?” Celebrarase o cuarto encontro na Casa da Cultura de Ferreira, este martes, 24 de febreiro, ás 20:00h.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...