HomeComarca de ChantadaCarballedoA 'Carne ao Caldeiro' en Castro de Carballedo sabe mellor

A ‘Carne ao Caldeiro’ en Castro de Carballedo sabe mellor

Este domingo 13 de abril a Asociación de Veciños O Bubaíño celebra a XXII Festa da Carne ao Caldeiro e avanza que están preparados para ofrecer unhas 1000 racións.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Castro de Carballedo será mañá, domingo 13 de abril, o destino escollido para moitos e moitas amantes da ‘Carne ao Caldeiro’. Trátase dunha festa gastronómica que ten a sona gañada, e non só polos 22 anos de traxectoria, se non polo grande traballo que ocupa a uns 40-45 veciños/as que fan posible que dende a materia prima, pasando polo cociñado e o trato ao público, sexa todo excepcional. Moita xente vén de lonxe e moita repite sempre que pode.

Preguntámoslle a ‘Hita’, da Asociación de Veciños O Bubaíño de Castro de Carballedo, onde está o segredo para que a súa carne ao caldeiro estea tan soborosa. Ademais do agarimo que lle poñen dinos que a calidade da carne de vacún é moi importante, e toda é de Carballedo; tamén nos di que se coce en auga da fonte e o lume faise con leña de carballo –nada de fogóns de butano–. E como non, a pausa no cocido é tamén importante, ás 8:30-9:00 h. prenden o lume para ir quentando uns grandes caldeiros e ir facendo todo con vagar. E para rematar, o repouso. Unha vez cociñada a carne, danlle un repouso e despois pónselle aceite e pimentón antes de servila aos comensais. Podemos dar boa conta do gustoso que estará todo que Hita conta que hai bastante xente que “ata nos piden o caldo para levar”.

Hita, da Asociación de Veciños O Bubaíño de Castro de Carballedo / XdL

Sabemos que contan con 1000 racións de carne ao caldeiro e tamén carne richada –carne cortada a dados e frita– a un prezo de 11 euros ración. E este ano dáse unha curiosidade, comenta Hita, “hai moitísimo encargo para levar ás casas”. Sempre hai xente que prefire levala para comer na casa pero seica este ano están realmente sorprendidos co aumento desta demanda. Para quen se achegue por primeira vez, dinos a nosa interlocutora que comentemos que por uns 20-25 € cómese perfectamente. Ademais da carne ao caldeiro e a richada, pódese mercar empanada e teñen sobremesas caseiras feitas pola veciñanza.

Os enormes caldeiros con lume de leña de carballo / XdL
Carpa onde se fai a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ / XdL

Ademais do xantar popular, sobre as 14:00 h., pola mañá hai un mercado de produtos locais e artesanía que contará cun total de 14 postos, un roteiro (a saída será ás 10.00 horas con destino ás Igrexas de Santiago de LousadaChouzán e A Cova) e unha exposición de fotografías antigas “Mulleres construíndo futuro” na Oficina de Turismo.

PREVIO ESTE SÁBADO

Este sábado 12 de abril, como previa, ás 20.00 horas haberá unha degustación de produtos de porco celta que promove a Vicepresidencia da Deputación de Lugo dentro do programa “Un rural de gusto, un gusto de rural”.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...