HomeComarca de ChantadaCarballedoInvestigan un veciño de Astorga como presunto autor dun incendio en Carballedo

Investigan un veciño de Astorga como presunto autor dun incendio en Carballedo

A este home impútaselle un delito de incendio forestal ocorrido na parroquia da Cova

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Astorga (León), de 59 anos de idade, como presunto autor dun incendio forestal de 100 hectáreas en Carballedo en agosto mentres facía traballos de roza.

A este home impútaselle un delito de incendio forestal ocorrido na parroquia da Cova. Foi necesario activar o nivel dous de emerxencia pola súa proximidade a casas e estivo interrompida a circulación na rede viaria local.

Tras iniciar unha investigación levada a cabo polo Equipo Multidisciplinar de investigación de incendios forestais (Emiif), “púidose constatar que a orixe do incendio debeuse aos traballos de roza realizados por maquinaria agrícola na vía que discorre en dirección ao encoro de Vos Peares”. As dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.

A Garda Civil destaca que as persoas investigadas no que vai de ano como presuntos autores dun delito de incendio forestal “foron na súa maioría por imprudencias, sendo as causas máis habituais o incumprimento nas condicións impostas na autorización ou comunicación na realización de queimas, imprudencias en traballos forestais e dolo”.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...