HomesociedadeAo rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre...

Ao rematar as melloras da N-540 en Calde seguirase no tramo entre Chantada e Carballedo

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visita en Calde as obras de conservación no firme da N-540e anuncia que ao remate continuarase coa execución do contrato integral xa adxudicado na propia N-540 nos puntos máis deteriorados, como o tramo comprendido entre Chantada e Carballedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Olimpia López supervisa en Calde as actuacións na N-540 dentro do plan de mellora integral da rede estatal na provincia de Lugo. Uns traballos que, asegura, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible retomou en canto as condicións meteorolóxicas foron favorables.

Durante a visita, acompañada por responsables técnicos da Demarcación de Estradas do Estado, a subdelegada puxo o foco no carácter estrutural desta intervención, subliñando que “non falamos dunha actuación puntual, senón dunha estratexia sostida para mellorar o conxunto da rede estatal na provincia de Lugo”.

Olimpia López explicou que esta intervención forma parte do contrato plurianual de conservación de firmes da Rede de Estradas do Estado na provincia. Tras este primeiro treito en Calde, no que se está realizando un fresado e reposición da mestura bituminosa, con sinalización e afeccións mínimas ao tráfico, continuarase coa execución do contrato integral xa adxudicado na propia N-540 nos puntos máis deteriorados, como o tramo comprendido entre Chantada e Carballedo.

Afirma a subdelegada que estas actuacións intégranse nunha planificación máis ampla que abrangue distintas estradas estatais da provincia, co obxectivo de renovar progresivamente os firmes e reforzar as condicións de seguridade e confort para as persoas usuarias. “A mellora da rede estatal en Lugo é unha prioridade sostida no tempo. Actuamos con planificación, con investimento e con criterios técnicos”, sinalou.

A subdelegada lembrou que o Goberno de España leva investidos máis de 120 millóns de euros na conservación e mellora das estradas estatais lucenses desde xuño de 2018, e apelou á implicación do resto das administracións.

“O Goberno cumpre coas súas competencias e responde con feitos. Agardamos que outras administracións como a Xunta de Galicia actúen coa mesma responsabilidade nas vías da súa titularidade, porque a seguridade viaria é unha obriga compartida”, concluíu

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...