HomesociedadeO chantadés Francisco González declara polos contratos de BBVA con Villarejo

O chantadés Francisco González declara polos contratos de BBVA con Villarejo

González está citado ás 10,00 horas na Audiencia Nacional.

Publicado o

- Advertisement -

O expresidente do BBVA Francisco González –natural de Chantada–, chegou á Audiencia Nacional pasadas as 9,35 horas deste luns para declarar como investigado polos contratos que a entidade subscribiu durante anos coas empresas do comisario xubilado e en prisión provisional José Manuel Villarejo.

González está citado ás 10,00 horas por supostos delitos de suborno e revelación de segredos, media hora despois que o ex dircom do BBVA Javier Ayuso, que fora convocado en calidade de testemuña neste procedemento.

Á súa chegada, mostrouse tranquilo e riseiro e declinou facer comentarios aos medios porque, segundo dixo “non é o momento de falar”.

Segundo fontes xurídicas, ten intención de declarar e responder o xuíz e a Fiscalía Anticorrupción, nunha estratexia distinta á seguida por outros ex executivos do banco investigados e que se acolleron ao seu dereito a non contestar tendo en conta de que as actuacións permanecen baixo segredo.

A investigación de González acordouse a instancias de Anticorrupción no marco da peza separada número 9 da macrocausa Tándem que investiga as actividades ilícitas de Villarejo, quen estaría desempeñando tarefas de información e espionaxe para o BBVA durante máis dunha década e por importe superior a 10 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...