HomePolíticaAna Pastor insta ao novo goberno a "cumprir con Galicia" nunha visita...

Ana Pastor insta ao novo goberno a “cumprir con Galicia” nunha visita a Chantada

"Non imos permitir ser menos que os demais", asegurou.

Publicado o

- Advertisement -

A vicepresidenta do Congreso, a popular Ana Pastor, instou o novo goberno a “cumprir con Galicia” desde o “punto de vista orzamentario”. “Non imos permitir ser menos que os demais”, asegurou.

Así se pronunciou este sábado en declaracións á TVG durante unha visita a Chantada, municipio no que se achegou ás adegas Vía Romana.

“Queremos que se termine o AVE a Galicia, que leva xa un atraso importante”, manifestou a que fora ministra de Fomento do goberno de Mariano Rajoy, que considerou necesario traballar polo tecido industrial galego e, especificamente, polas electrointensivas.

Ana Pastor asegurou que o PP “traballará en todas as frontes” e advertiu dos prexuízos de proxectos que baralla o novo goberno, como a Lei de Costas. “Temos unha axenda moi intensa para traballar por Galicia”, subliñou na súa visita ao municipio lucense de Chantada.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...