HomeCulturaChantada, capital da cultura estival

Chantada, capital da cultura estival

As festas de interese turístico inundan Galicia na época estival facendo da comunidade galega un destino perfecto para os amantes da cultura e a celebración

Publicado o

- Advertisement -

O 7 de xullo darán comezo as II Xornadas do Folión dos Carros de Chantada organizadas pola Asociación Amigos do Folión.

O obxectivo desta iniciativa é tratar a importancia do evento para a comarca e achegalo a todos os veciños mediante diversos actos de comunicación ó longo da xornada.

II Xornadas do Folión dos Carros de Chantada/Concello de Chantada

O folión dos Carros de Chantada está considerada como o sinal de identidade da vila e arredores ademais de estar catalogada como festa de interese turístico galego dende o ano 2002. Aínda que a súa celebración está enmarcada dentro das festas patronais a finais de agosto, os veciños do Val do Asma xa comezan a traballar duramente e patrocinar con diversos actos culturais o seu ben máis prezado como é a celebración das II Xornadas do Folión dos Carros de Chantada.

Esta festa está basada nun desfile de carros do país tirados por vacas ou bois, sobre os cales se representan diversas escenas de oficios tradicionais e labores agrícolas. Amenizado coa actuación de gaiteiros e bandas, esta mostra etnográfica ten a súa orixe na Idade Media, nos tempos no que os gremios abandoaban durante un día o seu tradional aillamento e percorrían a localidade conxuntamente. Co desfile do seu propio carro, os artesáns daban fe da súa existencia e o seu valor na organización social da época. Celebrouse de xeito ininterrumpido agás na Guerra Civil Española, sendo restituída de novo no 1949 por Luís Campo Fernández, o alcalde da vila naquel momento.

Muiñeiros, zoqueiros, carpinteiros, son algúns dos oficios representados, así como as labores agrícolas de fonda tradición en Chantada como é a vendima. Toda a cultura desta terra ponse de manifesto no folión.

 

ÚLTIMAS

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...