HomeCulturaCelebración do roteiro circular adicado a Xosé Lois García en Sober

Celebración do roteiro circular adicado a Xosé Lois García en Sober

Publicado o

- Advertisement -

O domingo 22 de xullo celebrarase ás 10:00 horas en Sober un roteiro adicado ó chantadino Xosé Lois García enmarcado dentro das actividades de verán organizadas polo Colado do Vento.

A andaina, de trazado cirucular, sairás ás 10:00 horas do Campo de Pinol, pasando pola Igrexa de Pinol, por Cadeiras, Sampil, o Souto do Tellada ou a igrexa de Lobios. Con ete percorrido preténdese afondar na poesía do autor chantadino que lle adicou a Sober.

Para poder participar nesta actividade, non é preciso anotarse previamente.

xosé lois garcía

Nado en Merlán, Chantada no ano 1945, con 20 anos marchou para Barcelona traballar na metalurxia e estudar no Instituto de Ciencias Sociais e  Políticas e na Universidade de Barcelona.

Durante a súa estancia en terras catalanas desenvolveu diversas labores de divulgación da cultura galega en Cataluña; conferenciante e articulista en varias publicacións galegas, tamén é ensaista, crítico literario, de arte e dramaturgo.

Especialista en literatura de expresión portuguesa en África, antólogo e tradutor, a súa obra está composta por máis de 50 libros publicados sobre diversas temáticas galegas, portuguesas e catalanas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...