HomeEconomía13 medallas para os viños da Ribeira Sacra en Italia

13 medallas para os viños da Ribeira Sacra en Italia

Este recoñecemento para a produción englobada na Denominación de Orixe Ribeira Sacra fai que se consolide no panorama vinícola internacional no apartado de viticultura heroica.

Publicado o

- Advertisement -

O XXVI Concurso Internacional “Mondial des Vins Extrêmes 2018” organizado no Valle d´Aosta, Italia, premiou con 13 medallas ós caldos da Ribeira Sacra que se presentaron ó certame.

Deste xeito, a produción englobada na Denominación de Orixe Ribeira Sacra consolídase e acada gran recoñecemento no panorama vinícola internacional. 13 recoñecementos dun total de 720 bodegas participantes, provintes de 277 produtores de 19 países diferentes, das cales, 58 pertencen a bodegas da Ribeira Sacra.

Os viños premiados na categoría de brancos coa medalla de ouro son Almalarga, Viña Vella e Maga. Viña Garoña e Condado de Sequeiras, foron galardoadas coa medalla de prata.

No caso dos viños tintos, os que se levaron a medalla de ouro foron Viña Mezquita e Vía Romana. Val da Lenda, Regina Expresion, Estrela, Tear e Sabatelivs, obtiveron a medalla de prata nesta categoría.

Finalmente, a medalla de prata na categoría de viños tintos de 2015 e anos anteriores foi para o viño Almamadre.

A cerimonia de entrega de galardóns celebrarase o vindeiro 23 de setembro en Turín.

mondial des vins eXtrêmes

O Certame Mondial des Vins Extrêmes está organizado polo CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Protección, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) sendo o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado para caldos producidos nas rexións de montaña ou procedentes da viticultura heroica (terrazas e terreos con máis dun 30% de desnivel ou altitude superior a 500 metros sobre o nivel do mar ou das pequenas illas).

Con este certame, dende o CERVIM preténdese promover e poñer en valor a produción enolóxica desas terras caracterizadas polas dificultades estruturais, pero tamén polos viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria.

O seu obxectivo é enfatizar as características únicas dos produtos así como dar a coñecer ós consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os bodegueiros fan para conservar o terreo e o medio ambiente e, de paso, que os consumidores poidan apreciar todo o traballo e esforzo que hai detrás de cada botella de viño.

 

 

 

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...