HomeSucesosUn falecido e un ferida grave nun accidente en Chantada

Un falecido e un ferida grave nun accidente en Chantada

Un home duns sesenta anos, D.A.P.R., veciño de Portomarín, faleceu este xoves día 13 tras producirse unha colisión frontal entre dous turismos na N-540, entre o Polígono Industrial e o centro urbano de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

O accidente, rexistrado ás 21.30, saldouse tamén cunha persoa ferida, a muller ocupante do outro vehículo implicado, que foi evacuada ao centro hospitalario de Monforte.

O sinistro produciuse cando os dous coches bateron de fronte e a vítima mortal quedou atrapada. Por iso, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Chantada para liberar ao home, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ademais dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Chantada, ao lugar do accidente acudiron os servizos sanitarios de urxencia, que só puideron confirmar o falecemento do home e trasladaron ó ocupante do outro turismo para sometela a un recoñecemento médico.

Por outra banda, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración do persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento con fin de retirar os restos que quedaron do accidente e restablecer as condicións de seguridade na vía.

ÚLTIMAS

BNG e PP denuncian o estado da N-120 e esixen a súa reparación urxente

O BNG de Monforte reclamará un calendario de obras con dotación real e actuacións...

Convócase o 2º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O premio pretende estimular a creatividade das persoas participantes, sendo o cartel unha peza...

Presentación do novo libro do escritor Armando Requeixo,’Literatura insólita’

Publicado pola Editorial Galaxia, Literatura insólita reúne unha escolma de artigos nos que o...

O Entroido Ribeirao a exposición na Casa da Cultura de Chantada durante este mes

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante todo o mes de febreiro unha...