HomeComarca de ChantadaChantadaChantada presenta un ‘Verán Cultural’ cheo de actividades para todos os públicos

Chantada presenta un ‘Verán Cultural’ cheo de actividades para todos os públicos

De xullo a setembro non haberá escusa para gozar dunha ampla programación cultural e de lecer que presentou días atrás a Concellería de Cultura do Concello de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

As actividades comezaron o pasado día 9 de xullo e alongaranse ata o 10 de setembro, contando tamén que dentro da programación están varias actividades fixas xa no calendario chantadino: a ‘Semana de Cine’, do 15 ao 18 de agosto; a ‘Mostra de Teatro’, do 22 ao 25; e as Festas Patronais que se celebran do 26 ao 30 de agosto.

Moitas son as alternativas para público infantil e familiar que enchen o programa deste ano, dende os espectáculos teatrais e monicreques, pasando polos relacionados co circo ata chegar á música e á maxia.

Pasarán por Chantada espectáculos teatrais a cargo de El Gran Rufus, Con Ton y Son ou Anima-T; os monicreques de Pirueta Teatro; contacontos con Marcelo Dobade, José Varela e Eulali Moreno; e espectáculos de maxia con Mago Deimi, Mago Noel, Mago Lolo e Le Gran Marín.

Como cada ano tamén, haberá espazo especial para as animacións relacionadas co circo con acrobacias, malabares, espectáculos de clow e a “Gran gala do Circo” o día 21 de agosto.

ESPECTÁCULOS MUSICAIS

Ademais da cita obrigada cos concertos da Banda de Chantada, o día 29 de xullo en concerto e o 20 de agosto na intervención especial bautizada como “Colle ti a batuta” na sesión ‘Noites á luz da lúa’, hai que sumarlle outros concertos. Sebastián Pitré dará un concerto de guitarra o 22 de xullo e María do Ceo outro o 19 de agosto. Orientados a público infantil están o show de Pitusa Semifusa o 24 de xullo, o concerto de Paco Pakolas o 30 de xullo e o de Xoán Curiel o 3 de agosto.

María do Ceo. Foto: MdC.

As actuacións para público familiar serán na Praza do Cantón de Chantada ás 20:00 h. e os concertos para público adulto ás 21:30 h. Dende o Concello de Chantada lembran que a entrada é libre ata completar aforo e que se recomenda o uso de máscara.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...