HomesociedadeConferencia sobre a xestión emocional do cancro

Conferencia sobre a xestión emocional do cancro

Chantada contra o cancro organiza este venres día 28 a partir das 20.00 h. unha conferencia sobre xestión emocional durante os procesos da enfermidade. A cita desenvolverase no Auditorio Municipal de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

A conferencia coloquio correrá por conta de Juan Carlos Santiago, experto universitario en intelixencia emocional e terapeuta emocional. Na actividade abordaranse temas como as ferramentas e os recursos emocionais axeitados tanto para persoas que padecen a enfermidade como para seus acompañantes. A conciencia, a consciencia, a identidade, as emocións destrutivas e a súa regulación, as causas do sufrimento -que aparecen incluso antes da propia enfermidade- e cómo evitalo, serán algún dos conceptos a tratar.

A Asociación Chantada contra o cancro leva funcionando algo máis de ano e medio, desenvolvendo iniciativas para axudar a enfermos e familiares do sur da provincia na xestión da enfermidade. Teñen organizado talleres para deixar de fumar, ofrecen atención psicolóxica a pacientes e enfermos, colaboran en distintas actividades deportivas organizadas en Chantada, celebraron “rutas solidarias” e conferencias sobre biopsia líquida, axuda piscolóxica alimentación e hábitos saudables, acompañamento ao final da vida…

A asociación comparte espazo coa Asociación Albores no vello campo da feira de Chantada. Para contactar coa asociación poden dirixirse ao teléfono 683 27 71 13 ou no correo chantadacontraocancroasoc@gmail.com

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...