HomesociedadeA presa de Belesar pon a proba as sirenas de emerxencia

A presa de Belesar pon a proba as sirenas de emerxencia

Os días 16 e 17 de outubro entre as 9.00 e as 18.00 horas soarán as sirenas que poderán escoitarse nos concellos de Chantada, O Saviñao e Pantón.

Publicado o

- Advertisement -

Naturgy está implementando o Plan de Emerxencia da presa de Belesar, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Dentro deste Plan de Emerxencia farase a proba acústica das sirenas. Soarán os días 16 e 17 de outubro en horario de 9.00 a 18.00 podendo ser escoitadas nos concellos da contorna como Chantada, O Saviñao ou Pantón.

Desde Naturgy informan á poboación de que non hai porque alarmarse nin facer nada especial ao escoitalas, únicamente se trata dunha proba, para confirmar que a instalación da rede de sirenas está en orde ante unha posible emerxencia. Con este Plan de Emerxencia e os que se desenvolven noutras presas de Galicia preténdese dar cumprimento ao establecido na Planificación de Protección Civil ante o risco de inundacións.

Os Plans de Emerxencia teñen como obxectivo incrementar as garantías de seguridade coas que xa contan este tipo de instalación. No caso da presa de Belesar instalouse unha rede de sirenas dentro da zona de influencia da presa, estas sirenas alertarán á poboación en caso dunha situación de alerta e durante os próximos dous días comprobarase o seu funcionamento.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...