HomeComarca de ChantadaChantadaUn lume deixa calcinado un cuarto dunha vivenda en Chantada

Un lume deixa calcinado un cuarto dunha vivenda en Chantada

Neste caso non houbo danos persoais, aínda que o lume calcinou por completo unha habitación e deixou a vivenda totalmente afectada polo fume.

Publicado o

- Advertisement -

O 112 Galicia informou dun lume que calcinou por completo unha habitación nunha casa da localidade lucense de Chantada. En concreto, este incendio produciuse nunha vivenda de dúas plantas situada na Avenida de Monforte.

Neste caso non houbo danos persoais, aínda que o lume calcinou por completo unha habitación e deixou a vivenda totalmente afectada polo fume. Ao parecer, as chamas iniciáronse no mesmo cuarto por mor dunha manta eléctrica.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...