HomeCulturaEstudantes chantadinos visitan a obra do pintor Manuel Jorge

Estudantes chantadinos visitan a obra do pintor Manuel Jorge

A Asociación de Amigos de Manuel Jorge organizan visitas o Museo Provincial de Lugo e o Auditorio de Chantada para coñecer as obra do pintor.

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves alumnos do IES Val do Asma visitaron o Museo Provincial de Lugo para coñecer a obra do pintor chantadino Manuel Jorge e saber máis sobre o seu proceso creativo e as súas influencias.

Os alumnos de 1º da ESO asistiron a unha visita guiada pola mostra, ​e profundizaron no tema da representación do entorno coa dinámica “As paisaxes de Manuel Jorge”. Coñeceron paisaxes  pintadas por outros artistas dende o romanticismo ata a actualidade pasando polas series abstractas que o chantadino pintou do Mediterráneo e Nova York.

Os rapaces de 4º de ESO tamén fixeron unha visita guiada polo museo ​coa actividade “A viaxe do artista”, descubriron o relato expositivo da mostra​ que parte das súas primeiras obras figurativas pintadas en Chantada a finais dos anos 50 do pasado século ata os cadros abstractos pintados nos últimos anos.

Estas non son as únicas visitas que recibirá a exposición, xa que o xoves 8 de novembro o CEIP Eloísa Ribadulla e Xoán de Requeixo de Chantada que visitarán a mostra do Auditorio de Chandata os días 31 de outubro e 7 de novembro. A actividade que realizarán é “Do lenzo á pel. Vestir e usar a arte”, coa que poderán convertir os cadros de Manuel Jorge en estampados para prendas de roupa.

Todas estas actividades están organizadas pola Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada e o Museo Provincial de Lugo coa colaboración do Concello de Chantada. Para solicitar unha activiadde didáctica antes do remate da exposición poden poñerse en contacto co Museo Provincial de Lugo no correo ​info@museolugo.org​ ou manueljorgechantada@gmail.com

ÚLTIMAS

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...

Este 16 de xaneiro preséntase en Chantada “Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo”

A Irmandade Cultural País do Faro organiza para este venres, 16 de xaneiro, a...

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...