HomesociedadeQuiroga visita e é visitada grazas a "Coñece a túa provincia"

Quiroga visita e é visitada grazas a “Coñece a túa provincia”

Arredor de 180 veciños e veciñas pertencentes a oito entidades da provincia participan esta semana no programa de viaxes gratuítas 'Coñece a túa provincia', a terceira edición dunha iniciativa organizada pola Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A semana arrincou coa visita da Asociación Cultural Souto do Val, de Quiroga, e a Asociación de Veciños de Orzabai, de Lugo. Os quirogueses visitaron en primeiro lugar o Pazo de San Marcos para, posteriormente, visitar os concellos do Vicedo, Viveiro e Ourol; mentres que os lucenses comezaron a ruta na Granxa Gayoso Castro e tamén continuaron cara A Mariña para coñecer a fervenza do Pozo da Oza, no Valadouro, e o Castelo de Castrodouro, en Alfoz, entre outros recursos destes municipios.

Quiroga tamén resulta protagonista nesta iniciativa de dinamización turística e socializadora, pero á inversa, sendo un dos destinos ata onde chegará xente doutro punto da provincia de Lugo. Trátase da Asociación Parroquial de Amas de Casa e Consumidores de Santa María de Bretoña, na Pastoriza, que viaxarán ata a Ribeira Sacra para coñecer Quiroga cunha visita ao Museo Etnográfico ou o Xeomiradoiro de Campodola.

OUTROS INTERCAMBIOS COA RIBEIRA SACRA COMO PROTAGONISTA

O xoves será a quenda de dous colectivos mariñáns, a Asociación de Veciños de San Pedro de Cangas, de Foz, e da Asociación de Veciños San Vicente de Lagoa, de Alfoz. Os focegos visitarán o Pazo de San Marcos e logo desprazaranse a Sober e Monforte de Lemos.

Por último, o venres, participarán neste programa a Asociación Cultural e Deportiva Capela Sixtina de Nogueira, de Chantada, que percorrerá o Pazo de San Marcos e os concellos de Burela e Foz; e a Asociación Cultural e Deportiva do Castro  de Vilaronte, de Foz, que estará na Granxa Gayoso Castro e achegarase seguidamente ao concello de Sober e Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...