HomesociedadeO parque de Bombeiros de Chantada pechado de novo por falta de...

O parque de Bombeiros de Chantada pechado de novo por falta de efectivos ante a folga

Non volverá prestar servizo ata este venres ás 9.00 horas.

Publicado o

POR
editor
- Advertisement -

Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou que parque de Bombeiros de Chantada está pechado, como xa pasou o luns, ata este venres por falta de efectivos previstos nos servizos mínimos. Segundo detallou a Deputación de Lugo nun comunicado, dos tres efectivos que son necesarios para cumprir cos servizos mínimos, este xoves só se presentaron a traballar dous dos profesionais en cada un dos parques de Chantada, Barreriros e Vilalba.

En Sarria, dos catro traballadores que estaban previstos que cubrisen a xornada laboral, un deles secundou a folga. “O Consorcio tentou mobilizar desde outras bases, pero non foi posible porque todas cobren os servizos mínimos”, detallou o goberno provincial. Así, avisados a través de comunicación certificada o retén designados no cuadrante para os diferentes parques, “tampouco se presentaron”.

Ante esta situación o Consorcio decidiu recolocar aos dous efectivos de Chantada uno no parque de Vilalba, onde desprazouse co vehículo de altura, e o outro ao de Barreiros. O parque de Bombeiros de Chantada non prestará servizo ata este venres ás 9.00 horas.

ÚLTIMAS

Centos de asistentes ás representacións do Desfile de Comparsas de Chantada

Máis de 300 persoas participaron no Desfile de Comparsas deste sábado, 1 de marzo,...

Quiroga celebra un 8M de benestar e autocoidado para as mulleres

O venres, día 7 de marzo, a educadora social Paula Santos, encargarase dun “círculo de...

Carballedo reformará a casa consistorial e o edificio multiusos

Entre as colaboracións máis destacadas figura a achega de 117.500 euros da Consellería de...

As gardas de hematoloxía e o mamógrafo do Hospital no punto de mira

A Xunta de persoal do H.P. de Monforte, por decisión unánime en reunión do...