HomesociedadeQuiroga celebra un 8M de benestar e autocoidado para as mulleres

Quiroga celebra un 8M de benestar e autocoidado para as mulleres

O Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga, con motivo do  8 de marzo, Día Internacional de Muller, organiza diversas actividades gratuítas, encamiñadas ao benestar e ao autocoidado das mulleres da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres, día 7 de marzo, a educadora social Paula Santos, encargarase dun “círculo de benestar”. Entre as seis da tarde e as sete e media, o taller centrarase nas claves para o autocoidado.

O sábado, día 8 a xornada comezará co obradoiro de mandalas a cargo da creadora Johanna González entre as dez da mañá e as once e media. Este arte creativo aporta tranquilidade, relaxación e concentración axudando a calmar a mente, equilibrar as emocións e sentir paz interior e armonía.

Nesta xornada de doce a unha e media, haberá Danzas Meditativas coa instrutora de meditación Clara González, que ensinará a elevar a enerxía vital a través da danza, a música e a meditación.

Pola tarde, entre as catro e media e as cinco e media a instrutora de ioga e terapeuta craneosacral, Teresa Taboada encargarase do taller “Espazo corazón conecta contigo”. Pautas para conectar co corazón ampliando o seu espazo e a súa conexión a través do   movemento e a quietude.

E para reducir o estrés, liberar tensións e mellorar o estado anímico o mellor é rir. De cinco e media a seis e media Risoterapia coa instrutora de mindfulness e risoterapia, Natalia Vázquez.

A xornada adicada á muller rematará coa celebración da VIII Cea da Sororidade. A xuntanza celebrarase no restaurante Chapakuña a partir das nove e media da noite.

Aquelas mulleres que desexen participar nalgunha destas actividades, ou en todas, xa poden pasar polas instalacións do CIM, na casa consistorial, a anotarse e no caso da cea a recoller as súas entradas.

ÚLTIMAS

O Pazo de Tor acolle este 13 de xullo o I Encontro de Boas Iniciativas Culturais

O Museo Pazo de Tor da Rede Museística Provincial e localizado en Monforte, acollerá...

Casa Moreiras e Viña Vella, mellores tinto e branco do 2025 na Cata de viños da Ribeira Sacra

O acto contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen...

A Noite Meiga de Sarria estréase como ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’

A Xunta de Galicia vén de anunciar que apoia a Noite Meiga de Sarria,...

II Festival dos Colados en Bolmente, Sober

Bolmente, no Concello de Sober, repite o seu Festival dos Colados, unha iniciativa que...