HomesociedadeNaturgy mellorará a subministración eléctrica do polígono dos Acivros en Chantada

Naturgy mellorará a subministración eléctrica do polígono dos Acivros en Chantada

Os problemas de baixadas de tensión e microcortes aumentaron desde a ampliación do polígono no ano 2013.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra reuniuse co delegado de Ourense e Lugo, Emilio Castro e con Jorge Mato do Centro de Operacións de Monforte, ambos de UFD Grupo Naturgy (antigua UNION FENOSA Distribución) para falar sobre os problemas eléctricos do Polígono Industrial dos Acivros.

Problemas de microcortes e baixadas de tensión que suceden desde a creación do Polígono, no 1986, e que se incrementaron no 2013, cando se fixo a ampliación.

Acordáronse actuacións de mellora na liña xa existente e adiantar a limpeza da maleza dos arredores para evitar que interfiran na subministración e solucionar a medio prazo o propio abastecemento da enerxía eléctrica do Polígono.

UFD Grupo Naturgy xa está a traballar para emendar a deficiencia da tensión nalgúns puntos e achegando a súa axuda para un abastecemento óptimo no futuro.

 

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...