HomesociedadeRecuperada unha cruz de prata do século XVII desaparecida na Terra Chá

Recuperada unha cruz de prata do século XVII desaparecida na Terra Chá

A Garda Civil, no marco da operación gulgalta, detivo o martes a un veciño de Lugo, de 67 anos, como suposto autor de delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental.

Publicado o

- Advertisement -

Garda Civil, no marco da operación gulgalta, detivo o martes a un veciño de Lugo, de 67 anos, como suposto autor de delitos contra o patrimonio histórico, receptación e falsidade documental. Segundo informa, a operación iniciouse tras ter constancia da desaparición do interior dunha parroquia da Terra Chá dunha cruz de prata con alma de madeira, repuxada, cebola redonda co relevo de San Martin no reverso e coa inscrición do ano 1696.

No desenvolvemento da operación contáctase con numerosos expertos na materia e “tras unha ardua investigación lógrase recuperar do interior dunha vivenda particular, situada na localidade de Monforte de Lemos, o ben eclesiástico desaparecido”. A Garda Civil explica que se interveñen outros obxectos de arte sacra dos que o seu presunto propietario non puido determinar a súa licita procedencia, continuando xestións para determinar se as reliquias puideran ser bens eclesiásticos.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...