HomeCultura"Pinceladas de Galicia, unha homenaxe artística ás súas tradicións", a exposición na...

“Pinceladas de Galicia, unha homenaxe artística ás súas tradicións”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 30 de setembro

O horario de visitas é de luns a venres de 21:00h. a 15:00h. e de 16:00h. a 18:00h. e os sábados, domingos e festivos de 10:00h. a 14:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Casa da Cultura de Chantada convida coa exposición “Pinceladas de Galicia, unha homenaxe artística ás súas trasdicións” a unha viaxe pictórica por algunhas citas importantes na tradición galega da man da pintura de Walfraga (Waldirene Silva).

A autora, nada en Minas Gerais, Brasil, no 1968, iniciouse na pintura no 1990 e desde aquela ten desenvolto exposicións en Brasil e en España. Desta banda do Atlántico, en lugares como o Centro Cultural Puerta de Toledo, o Centro Cultural Ayuntamiento de San Martín de la Vega, na Galería de Arte Arquestion de Ourense ou en Amigos da Fundación de Santiago de Compostela.

Waldirene Silva traballa o estilo académico-figurativo utilizando a técnica de óleo sobre lenzo. A Chantada trae pezas que nos presentan a Rapa das Bestas, os tradicionais entroidos de Ourense ou pinceladas do noso folclore e da nosa música.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...