HomeMedio ambiente e PatrimonioNova data para a recollida de voces en lingua galega do 'Proxecto...

Nova data para a recollida de voces en lingua galega do ‘Proxecto Nós’ en Chantada

A cita,programada inicialmente para o 10 de outubro, aprázase ao día 22. Desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00 h, na aula de informática (Aula CEMIT de Chantada), na rúa Ribeira Sacra s/n.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada colabora co Proxecto Nós, unha iniciativa que pretende que a lingua galega non fique excluída dos novos desenvolvementos dixitais e converter así a Galicia en vangarda na elaboración de produtos baseados en Tecnoloxías da Linguaxe.

En Chantada, inicialmente, programouse a gravación de voces para o 10 de outubro pero por motivos alleos ao Concello de Chantada, a cita aprázase ao 22 de outubro, desenvolvéndose en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, na aula de informática (Aula CEMIT de Chantada), na rúa Ribeira Sacra s/n.

As persoas que se inscribiron na primeira convocatoria están sendo chamadas para adaptar a súa cita á nova xornada sinalada. Con todo, o prazo para que se inscriban e poder colaborar coas gravacións de voces para o Proxecto Nós, estará aberto ata o mesmo día 22 de outubro. Para apuntarse, as persoas voluntarias deben dirixirse á Casa da Cultura, ben presencialmente ou por teléfono 982 441 752. Todos os participantes que doen as súas voces recibirán un libro e unha libreta de agasallo pola súa aportación.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela confía na boa resposta dos veciños e veciñas de Chantada. “É un orgullo que se pensara no noso Concello para desenvolver unha xornada deste tipo. Estou convencido de que a veciñanza de Chantada responderá positivamente a esta chamada de colaboración. Con acudir á aula informática e ler unhas frases durante 15-20 minutos xa estaremos facendo unha grande contribución ao avance da lingua galega nos desenvolvementos dixitais”, dixo.

PROXECTO NÓS

Co Proxecto Nós conséguese un amplo banco de recursos lingüísticos en galego de alta calidade que se publicarán en formato dixital baixo licenzas libres así como o desenvolvemento de ferramentas en código aberto que poidan ser empregadas, libre e gratuítamente. Con este traballo, todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poderán entender e falar a lingua galega en calquera ámbito tecnolóxico como cando lle damos unha orde ao GPS do coche ou falamos cun asistente de voz como SIRI ou ALEXA.

Cando o proxecto estea rematado poderase acceder de balde a ferramentas como: sistemas de síntese de voz, de recoñecemento de fala, de xeración automática de texto, de diálogo ou axentes conversacionais, de tradución automática, de extracción de información e minaría de textos, resumidores automáticos ou correctores lingüísticos automáticos que poderán empregar no desenvolvemento dos seus propios produtos.

Para conseguir todas as gravacións necesarias en lingua galega o Proxecto Nós, ademais de trasladarse físicamente a concellos, como no caso de Chantada, ten a opción de captación de voces online (https://doagalego.nos.gal).

O Proxecto Nós está impulsado pola Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Lingua e AMTEGA) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), que conta coa colaboración do goberno central e da Unión Europea a través do PERTE “Nuevas tecnologías de la Lengua” financiado con fondos Next Generation-UE.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...