HomeEconomía72 persoas con contrato laboral grazas ao Programa Integrado de Emprego do...

72 persoas con contrato laboral grazas ao Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada

O Concello de Chantada solicita desde a anualualidade 21-22 esta subvención xunto cos concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, Bóveda, Paradela, A Peroxa, Coles, San Cristovo de Cea e Vilamarín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 23/24, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Servizo Público de Emprego Estatal, é unha iniciativa que se vén desenvolvendo desde a anualidade 21-22. O Programa ten por obxecto mellorar a ocupabilidade e inserción laboral de 100 persoas en situación de desemprego pertencentes a diferentes colectivos. Así nesta edición do Programa, as accións levadas a cabo fixeron posible que das 100 persoas desempregadas 72 puideran iniciar un contrato laboral.

Espérase celebrar a clausura desta edición do Programa Integrado de Emprego de Chantada, a finais deste mes coa entrega de diplomas aos participantes. Mentres tanto estase iniciando o novo Programa 24-25 con ámbito de actuación nos concellos anteditos, ós que se suma, nesta edición, Amoeiro.

O funcionamento do Programa esixe estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego no momento do seu inicio. O SEPE enviará unha preselección de candidatos/as aos responsables do Programa Integrado de Emprego de Chantada e cartas ás persoas preseleccionadas para iniciar unha rolda de encontros nos diferentes concellos que participan e establecer a listaxe definiva de participantes na nova edición.

Se hai persoas que desexen participar e que cumpren os requisitos, pero non reciben comunicación por carta, poden achegarse ás oficinas municipais do Concello de Chantada ou chamar ó 982440011 extensión 1025.

Programa Integrado de Emprego Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....

A Escudería Chantada informa da suspensión da 52 edición da Subida

Aseguran desde a Escudería que non se dan as condicións óptimas para reunir o...

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...