HomeSucesosA Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada, de 50 anos de idade, como presunto autor dun delito de malos tratos animais, polas condicións nas que ten unha explotación, con graves deficiencias hixiénico sanitarias e con reses desnutridas e enfermas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e por veterinarios da Consellería do Medio Rural púidose constatar a existencia de graves deficiencias nesta explotación.

Así, atopáronse cinco reses en estado de desnutrición e con perda de músculo e graxa, e dúas delas prostradas e moi enfermas, ata o punto que houbo que eutanasianalas para evitarlles sufrimentos innecesarios.

Igualmente, investígase se o pasado mes faleceron nestas instalacións outras cinco reses, sen recibir tratamento veterinario algún. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de Chantada

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...