HomeComarca de ChantadaChantadaFalece un operario nun accidente no municipio de Chantada

Falece un operario nun accidente no municipio de Chantada

Segundo informou o 112, recibiu o aviso ás 12.25 horas a través da chamada dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para unha persoa que caera desde certa altura.

Publicado o

- Advertisement -

Un operario faleceu este venres e outro resultou ferido nun accidente no municipio lucense de Chantada, na estrada LU-617, á altura de San Fiz de Asma.

Segundo informou o 112, recibiu o aviso ás 12.25 horas a través da chamada dun particular, que solicitaba asistencia sanitaria urxente para unha persoa que caera desde certa altura.

De inmediato, desde o 112 alertouse aos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia comprobaron que, ademais da primeira persoa afectada, había un segundo operario ferido.

Atopábase nunha zona de arboledo de difícil acceso, polo que foi necesario solicitar a intervención dos Bombeiros de Chantada para poder chegar ata el.

Nestes momentos, os equipos de emerxencia continúan traballando na zona.

ÚLTIMAS

O Quixós non falta á súa cita co descenso do Cabe en Aninovo

O Club Quixós instaurou dende hai uns anos a tradición de comezar o ano...

3000 prazas para o Coñece a túa provincia que abre prazo do 12 ao 16 de xaneiro

Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de...

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...