HomesociedadeMans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

Mans artesás, un programa para impulsar a artesanía na provincia

Cestería, olería, traballo con coiro, técnicas de tecido ou torneado e tallado de madeira son algunhas das actividades incluídas neste programa, que se desenvolverán en función da dispoñibilidade das artesás e artesáns participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción da artesanía, o programa Mans artesás, co que profesionais da provincia ofrecerán demostracións, obradoiros e cursos de diferentes oficios tradicionais e manuais.

O programa pretende fomentar a presenza da artesanía e dos oficios tradicionais en feiras e actos culturais ou de promoción do territorio e na oferta de actividades formativas ou lúdicas que ofrecen asociacións e colectivos veciñais ao longo do ano. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, explicou que “a iniciativa amplía o apoio que se ofrece desde a institución provincial a un sector que conserva, difunde e actualiza coñecementos e técnicas que forman parte do patrimonio inmaterial e que desenvolve unha actividade económica sostible, ligada ao territorio e ao consumo responsable”. Mans Artesás ofrece a asociacións e entidades sen ánimo de lucro a posiblidade de incluír demostracions, obradoiros e cursos dentro das súas programacións ou eventos, de forma gratuíta:

  • Demostración: destinada a promover a percepción por parte do público en xeral dun determinado labor artesanal nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos xeralmente vencellados coa promoción da artesanía.
  • Obradoiro: espazo de aprendizaxe e práctica dunha actividade artesanal, interactuando co público nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos vencellados coa promoción da artesanía.
  • Curso:  adquisición de coñecementos e habilidades prácticas para desenvolver un oficio artesanal. Terá unha duración máxima de vintecatro horas, establecéndose un mínimo de tres horas por xornada. O número de alumnas e alumnos será, con carácter xeral, dun mínimo de oito e un máximo de doce.

Os profesionais da artesanía que desexen acollerse ao programa Mans Artesás deben inscribirse a través dun formulario de adhesion dispoñible na web cultura.deputacionlugo.gal, no que se especifican os requisitos a cumprir.

As asociacións e colectivos interesados en programar estas actividades deben remitir un correo electrónico a formacion.centrad@deputacionlugo.org cunha antelación mínima de 20 días con respecto á data de inicio da actividade. As solicitudes atenderanse por orde de recepción e até esgotar o orzamento previsto, de 70.000€.

Mans artesáns / Vicepresidencia Deputación

ÚLTIMAS

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón...

Artesanía de Galicia no Courel ata o 9 de agosto

Durante a súa visita, destacaron que esta iniciativa contribúe a achegarlle á sociedade o...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que...