HomesociedadeChantada repoboa de árbores o paseo fluvial e as zonas verdes

Chantada repoboa de árbores o paseo fluvial e as zonas verdes

O Concello de Chantada a través da concellaría de Parques e Xardíns vén de desenvolver nesta semana importantes actuacións de conservación e mellora medio ambiental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Bosques, o 21 de marzo e o 22 de marzo, o Día Internacional da Auga, a brigada de parques e xardíns cortou aquelas árboles secas ou con alguna enfermidade.

“Cada ano facemos estas cortas que eliminan as árbores en mal estado ante a perigosidade dos temporais. Estes traballos contan cos permisos correspondentes da CHMS e da Xunta de Galicia. Ao tempo que eliminamos as árbores enfermas e secas, facemos novas plantacións”, explica o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.

Contando coa participación do alumnado de 1º da ESO do IES Lama das Quendas plantáronse case 200 árbores no paseo fluvial e nas distintas zonas verdes da vila. Así na entrada do paseo plantáronse tilos, faias e serbal, mentras que nas marxes do Asma se colocaron amieiros, bidueiros, plataneiros e cerdeiras autóctonas. “Aos alumnos explicámoslles as especies que hai na contorna do río e porque facemos estas plantacións que nos axudan a manter o pulmón verde do paseo fluvial e favorecen a protección e conservación do noso medio ambiente”, explica o rexedor.

Plantacións Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...