HomesociedadeEste 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na...

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

Coa apertura desta convocatoria, e o inicio tamén este luns do concurso municipal de axudas para a confección dos traxes medievais, comezan os preparativos para a celebración dun dos eventos clave da programación cultural e festiva de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de solicitude e a documentación que se debe achegar, así como os aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos, a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase mañá, día 3 de febreiro e rematará o día 2 de marzo. A organización da XXII Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos, alimentación, artesanía e comercio, e dará prioridade ás solicitudes de vendedores e vendedoras de Monforte, e no caso da artesanía, aos profesionais que teñan carta de artesán.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19€ para os que midan ata 3 metros de longo, e de 51,54€ se exceden esa medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89€, independentemente do seu tamaño.

As persoas interesadas en solicitar a participación con posto de venda na XXII Feira Medieval de Monforte de Lemos, deberán cubrir a solicitude oficial, na que se inclúe a Declaración Responsable, e presentala no Rexistro Xeral do Concello de Monforte de Lemos ou a través da sede electrónica

Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento administrativo común. No caso de presentarse fora do Concello, o solicitante deberá dirixir por correo electrónico a dirección: feiramedieval@concellodemonforte.com, a correspondente solicitude e documentación anexa no prazo establecido como período de solicitude.

O 10 de marzo publicarase na páxina web do Concello a listaxe de participantes.

Celebración da Feira Medieval

Terá lugar os días 4 e 5 de abril de 2026 e desenvolverase polo Casco Histórico da Cidade. Os postos poderán abrir desde as 10.00 horas e pechar entre as 21.00 e 23.00 horas, en función da afluencia da xente. A montaxe das diferentes paradas terá lugar entre o día anterior no horario marcado polo Concello e o propio día da Feira, sempre antes das 9.00 horas. O desmonte farase o último día da Feira ou como máximo o día seguinte da mesma.

Os interesados poderán obter máis información sobre as bases e o regulamento na Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello (Casitas da Compañía), nos teléfonos 698181551 e 982884775 e no correo feiramedieval@concellodemonforte.com.

ÚLTIMAS

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...