HomeSucesosDeteñen dous homes acusados de secuestro e violar unha muller en Chantada

Deteñen dous homes acusados de secuestro e violar unha muller en Chantada

Ambos os homes, con antecedentes por diferentes delitos, están a ser investigados por detención ilegal, roubo con intimidación e agresión sexual

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil procederon este fin de semana á detención dun home acusado de secuestrar en Ourense a unha muller e violala despois nunha casa en Chantada, xunto a outro home que xa foi localizado con anterioridade.

Os feitos dos que se lles acusa a ambos tiveron lugar hai un mes, concretamente o 26 de marzo, de madrugada, cando os dous homes, presuntamente, retiveron a unha muller de mediana idade en Ourense, introducírona nun coche e desprazáronse con ela ata unha casa en Chantada, onde supostamente a violaron e roubáronlle o móbil e outras pertenzas.

Ao mediodía dese mesmo día, os homes deixaron saír da vivenda á muller, que os veciños atoparon deambulando pola estrada que une as localidades de Chantada e Antas de Ulla e avisaron á Garda Civil.

Os axentes detiveron ese mesmo día a un dos homes, por mor da declaración da muller, que foi posto a disposición xudicial e decretouse para el o ingreso en prisión comunicada e sen fianza. O outro, ao non poder localizarse, foi posto en busca e captura, e foi detido este fin de semana. O home pasou o luns a disposición xudicial e tamén se decretou para el as mesmas medidas.

Ambos os homes, con antecedentes por diferentes delitos, están a ser investigados por detención ilegal, roubo con intimidación e agresión sexual.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...