HomesociedadeDefensa Persoal para Mulleres en Chantada este 18 de maio

Defensa Persoal para Mulleres en Chantada este 18 de maio

O Concello de Chantada forma parte da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, o que posibilita o desenvolvemento de actividades que promoven a igualdade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A este respecto organízase para o domingo, 18 de maio, un Curso de Defensa Persoal Feminina, que se desenvolverá no Pavillón Municipal en horario 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

Este tipo de formación conta cunha parte teórica e outra práctica. Na primeira traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e farase un achegamento ó código penal. Haberá unha parte de desenvolvemento do control das 5 claves que contempla o programa: a respiración, a observación, a valoración, a estratexia e a técnica. As participantes coñecerán todo tipo de prevencións ante situacións de risco para tentar evitar o confrontamento físico. Se non é evitable aprenderanse técnicas ante un ataque ou un agarre ao peito ou un ataque cunha arma branca.

“A finalidade do curso é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida”, destaca a concelleira de Igualdade do Concello de Chantada, Pamela Fernández.

Poden participar mulleres de 16 anos en adiante, as menores necesitarían a correspondente autorización. As inscricións deben facerse no Edificio Multiusos de Chantada en horario de 9:00 a 14:00h.

Este tipo de propostas parten da Dirección Xeral de loita contra a Violencia de Xénero en colaboración coa Fegamp dentro do Pacto de Estado.

ÚLTIMAS

O deporte de Chantada no Corazón de Galicia viste o Pavillón Municipal

O Concello de Chantada segue a desenvolver un importante traballo de modernización e mellora...

Xa son 20 os afectados por sarna na residencia DomusVi de Monforte e a Xunta descarta intervila

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, garante que se están aplicando "todos os...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de...

Moita participación nas visitas guiadas que celebrou Monforte pola Xornada Europea da Cultura Xudía

As visitas de carácter gratuíto e unha hora e media de duración estiveron guiadas...