Homesociedade300.000€ para a mellora de 6 vías provinciais en Chantada

300.000€ para a mellora de 6 vías provinciais en Chantada

A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana as obras de mellora en varios tramos de seis estradas ao seu paso polo Concello de Chantada, por un importe de máis de 300.000 euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación incluirá o acondicionamento de máis de 8 quilómetros da LU-P-1002, que conecta a Barrela coa Tilleira, desde o quilómetro 6, á altura de Esmoriz ata o quilómetro 14. Tamén se mellorará a totalidade da LU-P-1802, que une Chantada co Encoro de Belesar, e un medio quilómetro da LU-P-1803, que vai de Camporramiro a Castro de Carballedo, á altura da parroquia de Vilaúxe. Tamén, na totalidade da LU-P-1805, que conecta Seixo e Esmoriz, e os tres últimos quilómetros da LU-P-1806, que une Garabelos con Santa Rosa, así como os primeiros 100 metros da LU-P-1818, que enlaza coa N-540 á altura da parroquia de Pereira.

As actuacións en todas estas estradas consistirán na reapertura de cunetas, a reparación de danos e a repavimentación das vías. O prazo de execución deste proxecto será de tres meses.

Esta intervención enmárcase na aposta decidida da Deputación de Lugo por mellorar a rede viaria provincial e contribuír ao desenvolvemento socioeconómico dos concellos. Trátase dunha liña de actuación prioritaria para a institución, comprometida coa conservación e mellora da rede viaria provincial, a máis extensa do Estado, con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...