HomesociedadeChantada comeza o programa Actívate no Rural e organiza cursos para maiores...

Chantada comeza o programa Actívate no Rural e organiza cursos para maiores na vila do Asma

O Concello de Chantada a través da concellaría de Servizos Sociais organiza unha tempada máis o programa Actívate no Rural, que leva actividades físicas e deportivas ás parroquias que o soliciten a través de servizos sociais do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este programa de actividades comeza neste mes de setembro e prolongarase ata xuño. Neste momento teñen solicitado participar do programa, 13 parroquias: Nogueira, Sabadelle, Merlán, Requeixo, Argozón, Muradelle, Laxe, Brigos, Veiga, Mariz, Santa Cruz de Viana, San Cristovo e Arcos.

Dúas veces por semana, monitores das Escolas Deportivas Municipais imparten clases de ximnasia en cada parroquia no horario que se teña consensuado. “De momento temos máis de 200 persoas inscritas nestas 13 parroquias, pero esperamos que se sumen máis e ampliar a oferta de actividades para seguir promovendo o benestar físico e mental das nosas veciñas e veciños. Con estas actividades favorécese a participación social e redúcese a soidade non desexada ao crear alternativas de lecer con outras persoas”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que lembra que todas as actividades son gratuítas.

Cursos para maiores na vila de Chantada

Na vila do Asma a concellaría de Servizos Sociais do Concello de Chantada tamén organiza cursos destinados a persoas maiores. As actividades desenvólvense no Edificio Multiusos con clases os mércores de pintura o óleo e os venres de pintura en tela, en horario de 16:30h a 19:30h. O primeiro comezará o 17 de setembro e o segundo, o 19 de setembro.

Para o mes de outubro trabállase na incorporación dunha actividade nova, encaixe de bolillos, un curso que se viña demandando e polo que se interesan moitas persoas. Para participar destes cursos deberán anotarse nos servizos sociais do Concello en horario de 9:00h a 14:00h.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...