HomesociedadeUnha Escola de Música para Taboada

Unha Escola de Música para Taboada

A iniciativa parte da Asociación Cultural Xoán Montes e o proxecto conta coa colaboración do concello. O músico profesional Miguel Franqueiro, recoñecido tubista a nivel internacional e tamén director da Banda de Música de Sober, será o referente.

Publicado o

- Advertisement -

A Escola de Música de Taboada Xoán Montes ponse en marcha coa intención de achegarlle a música a todos e todas aqueles que desexen recibir ensinanzas musicais neste concello do sur de Lugo. Ademais deste motivo estrutural tamén se atopa o propósito de formar músicos para recuperar e darlle pulo á Banda de Música de Taboada, tras case dous anos sen actividade.

A escola contará con profesores especializados que impartirán materias de todos os instrumentos de vento e percusión podendo ampliarse a oferta, baixo demanda, a piano, guitarra e acordeón. Nun futuro tamén se contempla a posibilidade de ofrecer formación relacionada coa música tradicional e coa música moderna (grupos de pop ou rock).

O proxecto, promovido pola Asociación Cultural Xoán Montes, vai estar liderado polo músico profesional Miguel Franqueiro, recoñecido tubista a nivel internacional e tamén director da Banda de Música de Sober. Franqueiro conta cunha ampla experiencia no campo da ensinanza onde ten impartido masterclasses, cursos e traballado en diferentes escolas de música de toda Galicia. A iniciativa desta entidade contará coa colaboración do Concello de Taboada.

Para obter máis información ou formalizar a matrícula os interesados e interesadas, tanto nenos e nenas como adultos, poden mandar un correo electrónico a musicataboada@gmail.com ou chamar ao número 620222561.

Logo da Escola de Música de Taboada

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...