HomeCulturaO xornal británico The Guardian presume da Ribeira Sacra

O xornal británico The Guardian presume da Ribeira Sacra

Recomenda o interior de Galicia como destino vacacional eloxiando a riqueza patrimonial dos seus mosteiros, a beleza dos seus ríos Miño e Sil, os viñedos e o bo comer.

Publicado o

- Advertisement -

O principal xornal británico, The Guardian, fíxose recentemente eco da riqueza paisaxística e cultural da Ribeira Sacra. Baixo o título de “guía de vacacións no interior de Galicia, España: viñedos, hoteis e restaurantes”, o medio de comunicación inglés fai un breve resumo das marabillas que se poden ver e probar no sur lucense.

Se ben é certo que definen á zona como “unha das rexións máis misteriosas e menos coñecidas de España” tamén engaden que é o “fogar de espectaculares gargantas e ríos, antigos mosteiros e algúns dos mellores viños do país”.

“Os seus ríos, Miño e Sil, que se atopan no corazón da rexión, moldean a paisaxe, escavando bastos canóns e vertixinosos vales. Os espesos bosques verdes enmarcan estes ríos e esconden mosteiros medievais, cuxa presencia outorga ó lugar unha especie de espiritualidade calada”. “O viño e a súa exportación máis famosa. As ladeiras do val están cheas de cepas sitas en terrazas centenarias. Visitar a Ribeira Sacra é visitar unha España diferente, unha zona máis tranquila e verde, un mundo illado das abarrotadas praias do Mediterráneo”.

O artigo continúa cun breve resumo dos mosteiros, os canons do Sil e os viñedos. A súa retaíla continúa amosando a comida típica da zona onde resaltan a o polbo á feira e carne de tenreira que se fai en Monforte e o caldo de ósos de Taboada.

Un moi breve resumo dos privilexios que gozan diariamente os veciños de Terras de Lemos onde se exalta a ampla variedade turística, o contraste de paisaxes e a riqueza patrimonial e cultural existente.

 

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...