HomeCulturaComezan as Rutas do Románico pola Ribeira Sacra

Comezan as Rutas do Románico pola Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

Dende o 4 de xullo ó 6 de outubro todos os interesados na arte románica teñen unha cita ineludible co sur lucense. Un total de 5 rutas que terán un coste de 7 euros por persoa e ruta.

Todos os interesados en coñecer de preto a fermosura das construccións da zona, deberán presentarse no punto de saída á hora sinalada.

  • Para os mércores está programada a visita a Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, Santa María de Seteventos e o Dolmen de Abuíme. O punto de encontro é ás 16:30 horas na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.
  • Os xoves é o turno de Taboada. O punto de encontro é a diante da casa do concello ás 16.30 horas. Dende alí sairase hacia San Pedro de Bembibre, Santa María de Piñeira, Santa María de Castelo e Santa María de Pesqueiras. Para esta visita é recomendable calzado cómodo pois é necesario camiñar.
  • Venres. Punto de encontro: Ás 10:30 horas diante da Casa do Concello de Sober. Esta é unha ruta circular duns 3 quilómetro de dificultade baixa na que tamén é necesario camiñar. Visitaranse o Monasterio del Divino Salvador, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán e San Vicente de Pombeiro.
  • Finalmente, o sábado é o turno da Barrela. O punto de saída é as 10:00 horas dende a casa do Concello e dende alí visitarnse Santiago de Lousada, San Miguel de Oleiros, San Xoán da Cova e Santo Estevo de Chouzán.

Para máis información e reservas, a organización facilita o número de teléfono  646.53.32.29

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...