HomePolíticaRodil presenta en Taboada o Ticket Rural, 15.000€ para emprendemento

Rodil presenta en Taboada o Ticket Rural, 15.000€ para emprendemento

Nunha visita ao obradoiro das Galletas Xianas, en Taboada, Rodil anunciou que o BNG desde a Xunta "poñerá en marcha medidas para apoiar proxectos que permitan diversificar a actividade económica no medio rural".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil anunciou a posta en marcha do Ticket Rural, unha axuda de 15.000€ para os proxectos que se asenten no medio rural durante os primeiros 5 anos, e bonificacións na fiscalidade nos primeiros anos do proxecto. “Trátase de impulsar liñas de axuda á creación de actividades económicas nas zonas rurais, con criterios de selección que prioricen a transformación agroalimentaria, valorando a producción primaria da contorna”, explicou Olalla Rodil, que engadiu “estas medidas terán maior intensidade nas áreas máis afectadas pola perda de habitantes e o envellecemento da poboación”.

Os nacionalistas aseguran que incidirán na recuperación da autoestima de pertenza ao rural, “garantir a supervivencia do tecido produtivo agrario profesional no noso futuro a curto e medio prazo. Traballaremos nun programa específico de formación rural para educación infantil e primaria co obxectivo de poñer en valor a potencialidade dos diferentes sectores produtivos das nosas zonas rurais”.

“Desde o BNG somos conscientes de que para garantir a fixación de poboación nos concellos do rural é preciso manter servizos esenciais como a sanidade, a educación, ou facilitar a conciliación”, afirmou Olalla Rodil. A cabeza de lista por Lugo anunciou unha “estratexia para o medio rural dirixida a blindar a calidade de vida e o benestar social como dereito de todas persoas, independentemente de que vivan nunha cidade ou no rural”.

E esta semana unha delegación do BNG no sur de Lugo visitou tamén diversos sectores produtivos como o do viño, “para visibilizar que no BNG temos un modelo de apoio e recuperación de actividade nos sectores primario e secundario, que inclúe un reforzamento do apoio ao comercio local e ao fortalecemento da economía circular e pequena”, lembra Rosana Prieto, responsable da formación nas comarcas do Sur da Provincia.

Lar de Ricobao visita BNG en campaña / BNG

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...