HomeSucesosDetido un home por violencia no ámbito familiar tras ser atacado polo...

Detido un home por violencia no ámbito familiar tras ser atacado polo seu fillo menor en Taboada

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron nas últimas horas a un home como suposto autor dun delito de violencia no ámbito familiar, ocorrido no municipio de Taboada.

Segundo informaron fontes da Comandancia de Lugo, os feitos foron postos en coñecemento deste corpo de seguridade polo 112 Galicia, sobre as 14,00 horas deste domingo. As mesmas fontes tamén confirmaron que o home foi atacado por un menor, no contexto dese suposto episodio de violencia, e presentaba un corte nas costas, pero a ferida non revestía gravidade e o home non necesitou ser trasladado a un centro hospitalario.

O 112 explicou que recibiu un aviso por parte de Urxencias Sanitarias 061, reclamando a presenza das forzas de seguridade por un suposto altercado entre un pai e o seu fillo, polo que os servizos de Emerxencias informaron a Garda Civil e Policía Autonómica; así mesmo, tanto fontes sanitarias como do 112 ratificaron que non foi necesario o traslado do home ferido.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...