HomeComarca de ChantadaTaboadaPresentada en Taboada a programación de 'RaizameS'

Presentada en Taboada a programación de ‘RaizameS’

O Auditorio da Casa Cuartel de Taboada acolleu esta mañá a presentación do cartel e da programación da segunda edición de Raizames, o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Conta atrás para a segunda edición de ‘RaizameS’ que se celebrará os días 10, 11 e 12 de maio en Taboada. Este martes 7 de maio tivo lugar a presentación do cartel e da programación, estando no acto o presidente de ACIMTA, Miguel Pavón Reinoso; o Delegado Provincial da Xunta de Galicia, Javier Arias; as deputadas provinciais Pilar García Porto e Iria Castro; o Alcalde do Concello de Taboada, Roi Riguera; e o Tenente Alcalde, Xosé Portela.

Todos os intervintes coincidiron en sinalar a importancia de consolidar un evento destas características, tan diferenciador e rupturista que basea o seu plantexamento en colocar a mirada na propia narración das personas que habitan o territorio e terman do legado cultural da Ribeira. García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, destacou a importancia da continuidade desta iniciativa, “que naceu o ano pasado co obxectivo de poñer en valor os produtos de calidade que definen a nosa gastronomía da provincia”. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego apoia esta cita a través de Turismo de Galicia para sumar “outra convocatoria turística de referencia arredor do viño para esta denominación de orixe”. Pola súa banda, a deputada de Cultura Iria Castro destacou a importancia de “dar voz a estas actividades que conseguen poñer o foco na cultura e nas tradicións galegas e, neste caso, centradas na viticultura, un sector moi arraigado na Ribeira Sacra e no que participan moitas familias do sur da provincia”.

Ademais do encontro obrigado cos caldos da Ribeira Sacra, o evento contará con propostas artísticas que van dende o audiovisual, a fotografía, o musical, a danza contemporánea e ata a performance. Taboada e a Ribeira contada polos seus propios protagonistas nun encontro no que tamén hai unha clara mirada violeta e en feminino.

Roberto Regal, asesor en contidos vitivinícolas, explicou a filosofía do evento dende a perspectiva dos contidos culturais do viño, e Noa López deu conta da programación.

RaizameS 2023. Foto: Noa López Producións
PROGRAMACIÓN

VENRES 10 DE MAIO

18:30 horas: Visita á exposición fotográfica efémera Paisaxe Humana. Rúas de Taboada.

19:00 horas: Acto de inauguración. Casa Cuartel.

20:00 horas: Proxección do documental Os gardiáns das cepas. Casa Cuartel.

21:00 horas: Retrátate. Estudo fotográfico ambulante, con Abel Valdenebro. Casa da Cultura.

SÁBADO 11 DE MAIO

10:00 horas: Roteiro Canta arte se agocha nunha cunca de viño. Con intervencións artísticas e cata guiada. Saída desde a Praza de Riazón (previa inscrición).

12:00 horas: Espazo Atmosfera de viño. Praza de Riazón.

14:00 horas: Concerto Cachas & Cousins. Praza de Riazón.

17:00 horas: Encontro Viños que coidan das cepas e a paisaxe. Pazo de Bembibre.

18:00 horas: Espazo infantil Vendimarte cativa. Praza de Riazón.

21:00 horas: Concerto Pablo Sanmamed trío. Praza de Riazón.

22:00 horas: Queima dunha facha. Praza de Riazón.

DOMINGO 12 DE MAIO

10:30 horas: Presentación do libro Observación sobre a cultura do viño na Galiza. Presentación da tradución ao galego. Casa da Cultura.

12:00 horas: Encontro O viño, con nome de muller. Pazo de Bembibre.

12:00 horas: Espazo Atmosfera de viño. Praza de Riazón.

14:00 horas: Danza contemporánea Leira. Praza de Riazón.

A Deputación de Lugo colabora economicamente con 12.000 euros,

ÚLTIMAS

Marida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Marida Maio arrincou este xoves coa presentación dos viños das adegas Val do Frade...

O PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade para a zona de baño de Ribas Altas

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa pediron en setembro de 2023 que...

O 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba...

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...