HomePolíticaO PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade...

O PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade para a zona de baño de Ribas Altas

O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para instar ao goberno local a levar a cabo as actuacións necesarias para que a zona de baño de Ribas Altas estea de novo no rexistro de augas de baño de Galicia e así se leven a cabo os controis necesarios polas administracións competentes para que os veciños de Monforte gocen dunha zona de baño segura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa pediron en setembro de 2023 que o Concello realizase os traballos necesarios para que a cidade contase cunha zona de baño, “pero a realidade é que o goberno de José Tomé non fixo os deberes neste eido e un verán máis seguiremos sen unha zona habilitada para este fin con todas as garantías sanitarias e de seguridade”.

Ata o ano 2012, a zona de baño de Ribas Altas constaba como dada de alta no rexistro de augas de baño de Galicia, o que implicaba un control exhaustivo de salubridade, pero, desde 2012 xa non consta no rexistro, a pesar de que este mesmo equipo de goberno apoiou unha iniciativa popular no mandato 2015-2019, na que se solicitaba que se puxeran en marcha todos os mecanismos posibles para que se dese de alta esa zona de baño no rexistro. “Vemos, unha vez máis, como Tomé é un experto en fotografías, titulares e maquillaxe, pero á hora de traballar e xestionar non sabe ou non quere”, criticou.

Ribas Altas foi históricamente unha zona de baño na que todos os monfortinos aproveitaban no verán para pasar o tempo de ocio e refrescarse, do mesmo xeito que hoxe en día se segue facendo, polo que “consideramos lóxico que se volva a incluír no rexistro galego para que conte con todas as garantías necesarias”.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...