HomeCulturaTaboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

A organización corre a cargo dos grupos tradicionais locais Os Rechouchíos e Os Afogapalletas, contando a celebración tamén coa colaboración económica do Concello de Taboada e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de Taberna, unha festa que converterá a vila “nun fervedoiro de música tradicional, encontro veciñal e reivindicación cultural”, comentan dende o concello.

Un total de 17 grupos de música, 15 deles procedentes de diferentes puntos de Galicia e 2 locais, percorrerán os bares e establecementos hostaleiros de Taboada con música tradicional, pandeiretas, cantos e moita emoción compartida.

En concreto, os grupos que asisten a este evento son: Varacuncas (Rodeiro), Ministreles (Monforte), Tres pés (Chantada), Nubeiro (Lugo), Os bochechas do Sil (Sober), Ata o Mandil Dolores (Vigo), Dakidoasma (Chantada), Triskeles (Monforte). Son Outeiro (Outeiro de Rei), Os Tarabelos (O Saviñao), Foliada de Remior (Lugo), Sin ton nin son (Lalín), Gaiteiros do balado (Toques), Fonte de Merlán, Saljariteir@s (Marín) e os locais: Os Rechouchíos e Os Afogapalletas.

A xornada comezará pola mañá, ás 13:00 h., cun obradoiro de baile tradicional impartido por Gabi Reboredo e aberto a toda a veciñanza.  A continuación, a esplanada do Centro Cívico acollerá un xantar comunal e foodtrucks con propostas gastronómicas.

A partir das 18:00 horas os grupos iniciarán o seu percorrido polos locais da vila, nunha ruta musical que culminará ás 23:00 h. co concerto do grupo Lideira. Rematado o mesmo, e como fin de festa, haberá unha foliada final aberta a músicos, bailadores e público en xeral para “mesturarse nun peche colectivo e vibrante”, comentan dende a Área de Cultura do Concello de Taboada.

ORGANIZACIÓN E APOIOS

A organización parte da Asociación Cultural Os Rechouchíos, representada por Lucía López, e o grupo Os Afogapalletas, con Paula Regueira ao fronte. Ámbalas dúas entidades “convidan a toda a comarca e visitantes a participar, cantar, bailar e celebrar unha festa que é xa patrimonio colectivo e símbolo de resistencia cultural”.

O evento conta co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a colaboración activa da Área de Cultura do Concello de Taboada, concellería dende a que afirman o seu “compromiso coa cultura de base e a dinamización local” e a súa intención de “seguir apostando por iniciativas que poñan en valor a nosa tradición, que impliquen á xente e que fagan de Taboada un referente cultural no interior de Galicia”.

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicita á organización e á veciñanza. “Eventos como os Cantos de Taberna son exemplo de como a música tradicional pode ser motor de encontro, identidade e dinamismo económico. Taboada demostra que a cultura viva é tamén cultura transformadora”, comentou.

ÚLTIMAS

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...

27 e 28 de decembro, Mercado de Nadal en Quiroga

Coa finalidade de dinamizar o comercio local e incentivar o sector da artesanía o...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos...

Roteiro “entre petróglifos e castros” en Pantón

A asociación cultural Segredos de Pantón convida a unha nova actividade o vindeiro domingo...