O incendio declarado na tarde do mércores no municipio lucense de Quiroga continúa activo e afecta xa a unha superficie dunhas 140 hectáreas. Segundo a Consellería do Medio Rural a evolución é “favorable”.
En concreto, as chamas iniciáronse ás 17,32 horas do mércores na parroquia de Montefurado. Nos traballos de control participaron un técnico, cinco axentes, 33 brigadas, 18 motobombas, unha pa, 10 helicópteros e tres avións.
Precisamente, o departamento autonómico destacou que, nestes momentos, xa traballan na zona medios aéreos, que prestan apoio aos efectivos de terra.