HomeCulturaPresentación literaria e exposición de pintura na Casa da Cultura de Chantada

Presentación literaria e exposición de pintura na Casa da Cultura de Chantada

A Biblioteca Municipal de Chantada acolle este sábado, 5 de abril, a presentación do libro “Zapato e Bota” de Yolanda Álvarez Castro. Con esta actividade o Concello de Chantada  conmemora o Día do Libro Infantil e Xuvenil, que a pesar de ser é o día 2, celébrase este sábado para poder contar coa música en directo que acompaña a esta presentación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Yolanda Álvarez é escritora, poetisa e profesora de baile e preséntase principalmente como “nai de dous nenos, Theo e Thai, que son os verdadeiros artífices de todos os maravillosos mundos aos que viaxo cada vez que escribo un conto”. Estreouse na literatura infantil no 2023 co conto “O Misterio do Tulipán”, a historia de superación da formiga Margarida, con tres edicions e con máis de 800 ejemplares vendidos. O libro que trae a Chantada presentouse a mediados de decembro do pasado ano. A cita na Biblioteca Municipal de Chantada destínase a público infantil e familiar e será a partir das 12:00h.

“Ensueños” de Vanty este mes de abril na Casa da Cultura de Chantada

A Casa da Cultura de Chantada acolle durante este mes a exposición de pintura do artista salmantino, afincado en Pontevedra, Santiago Piñel Hernández, Vanty.

Cantante profesional, coñecido durante 50 anos co nome artístico de Lenny, agora a música cede protagonismo á pintura, con obras que se moven entre o realismo e o surrealismo, “teñen moito de emocións e respostas subxectivas, que os obxectos e acontecementos me espertan e que despois convértense en fantasías”, explica o pintor.

A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 10:00h a 14.00h e de 16:00h a 20:00h e os sábados de 10:00h a 14:00h.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...